Saltar ao contido principal
Para que son os impostos?

Actividades económicas: o campo e a cidade. Un universo de servizos

Área : Xeografía e Historia. Tipo : Individual. Nivel : Primeiro ciclo de ESO.

  • Hai algunha relación entre a economía e os impostos?

  • Que diferenzas hai entre unha sociedade agraria e outra industrial?

  • E entre unha industrial e outra de servizos?

  • Que produtos agrícolas e gandeiros coñeces?

  • Coñeces algunha sociedade tipicamente agrícola e rural? Por exemplo, os países do chamado Terceiro Mundo. En que basean a súa economía?

  • Di dúas diferenzas entre a agricultura e gandaría dunha sociedade agrícola, como India, por exemplo, e a dunha sociedade industrial e tecnolóxica, como a dos EUA.

  • Que servizos ofrece aos seus cidadáns o Estado dunha sociedade agrícola e o Estado dunha sociedade industrial e tecnolóxica?