Natureza e sociedade. Riqueza e pobreza no mundo. O primeiro mundo e o terceiro mundo
Área : Xeografía e Historia. Tipo : Individual. Nivel : Segundo ciclo de ESO.
-
Fai unha relación de catástrofes naturais que se viviron no mundo durante os tres últimos anos, por enchentes e inundacións, furacáns e monzóns, terremotos e tsunamis; ou por erupcións volcánicas.
-
Investiga como funcionan as alertas e para que serven. Expón as túas conclusións en forma de recomendacións.
-
Fai un mapa con todos os lugares onde producíronse esas catástrofes.
-
Compara como resólvense os efectos dun terremoto en Irán ou no Xapón. Sacas algunha conclusión?
-
Viches a película do “día de mañá” (2004)? Nela própónse dunha forma “catastrofista” o impacto do “quecemento global do planeta ”. Busca nela referencias a pactos que pretenden combater estes fenómenos.
-
Teñen os Estados cantidades de diñeiro para facer fronte a imprevistos como estes? En caso afirmativo de onde saen estas cantidades?
-
Que é a Axenda 2030 da ONU? Cales son os obxectivos que persegue?