Saltar ao contido principal
Para que son os impostos?

Produción de textos

Área : Lingua Castelá e Literatura. Tipo : Individual. Nivel : Segundo ciclo de ESO.

  • Describe unha paisaxe urbana e outra rural. Fai fincapé nas diferenzas.

  • Pensa nun lema para unha campaña anual de impostos. En que porías o acento: nos servizos necesarios ou na insolidariedade de que defraudan? Relaciona ambas as dúas cousas.
  • Fai unha carta de reproche a unha persoa que utiliza distintos servizos públicos e que logo non paga os seus impostos. Argumenta, pero non insultes.

  • Redacta unha reclamación á oficina do consumidor porque unha tenda che vendeu iogures caducados e en mal estado. Fai constar os riscos para a túa saúde e os dereitos que posúes como consumidor.