Lembremos que...
Os impostos son unhas cantidades de diñeiro que os cidadáns obrigados por lei pagan para que o Estado e o resto de administracións públicas dispoñan dos recursos suficientes cos que financiar os gastos públicos. Todos os cidadáns sen excepción teñen que contribuír a financiar os gastos públicos mediante o pagamento dos impostos na forma establecida polas leis.
Pero, non todos os cidadáns teñen que contribuír na mesma proporción, porque non todos dispón dos mesmos recursos económicos.
A capacidade económica de cada cidadán maniféstase de distintas formas, a través da riqueza que posúe, os ingresos que obtén ou a través dos distintos consumos que fai.
A capacidade económica é un indicador da capacidade contributiva, porque demostra o que un cidadán pode e debe pagar en concepto de impostos.
Cos impostos faise posible o financiamento dos bens e servizos públicos e, ademais, contribúese a facer realidade os principios de xustiza e equidade mediante as achegas solidarias que o Estado esixe a todos os cidadáns.
A fraude fiscal prodúcese porque non se pagan os impostos que corresponden e tamén pode producirse pola vía do gasto público cando se abusa dos bens e servizos públicos, ou cando se utilizan mal ou estráganse.
Para facilitar o cumprimento das obrigas tributarias de todos os cidadáns, a Axencia ofrece información e asistencia por múltiples vías (Internet, app, oficinas).