Elaboración dunha enquisa e recollida de datos
Área : Lingua Castelá e Literatura Tipo : Grupal Nivel : Terceiro Ciclo de Educación Primaria
-
Buscade en grupo as preguntas que se poden facer para elaborar unha enquisa sobre o grao de cumprimento das obrigas fiscais. Por exemplo: Vostede paga os seus impostos? Cree vostede que os membros da súa familia pagan os seus impostos? Considera vostede que os seus veciños pagan os seus impostos? Debedes utilizar unha escala de 1 a 5.
-
Cada membro do grupo debe pasara como mínimo a unha persoa (loxicamente debedes garantir o anonimato). Unha vez cumprimentadas as enquisas, tabulades os resultados (se o necesitades, podedes pedir axuda o profesor de matemáticas) e, por último, redactades en grupo unhas conclusións.