A evasión e a fraude
Todas as persoas que viven na gran casa que é o Estado teñen que pagar entre todos os gastos comúns desa casa, é dicir: todos os cidadáns teñen que pagar os impostos. Pero hai persoas que non se comportan como bos cidadáns. Hai persoas que non pagan os impostos que lles corresponden. Se chámalles "defraudadores".
Isto é unha inxustiza, porque estas persoas utilizan os bens e servizos públicos, igual que todos os demais. E, porén, non achegaron o diñeiro que lles correspondía entregar para pagaros.
Como estas persoas non pagaron seu parte, o Estado (que como xa sabemos inclúe Comunidades Autónomas e Concellos) ten menos diñeiro para os servizos públicos e, entón, só ten dúas opcións. Ou ben proporciona menos servizos públicos de que se necesitan, co que todos saímos prexudicados. Ou ben, se quere proporcionar os servizos públicos que se necesitan, ten que pedir máis diñeiro aos cidadáns, co cal os que pagan correctamente os seus impostos teñen que ingresar máis diñeiro polo que outros usan e non pagan.
Hai xente que defrauda de moitas maneiras. Haios que pagan unha parte, pero non todo o que lles corresponde. Crense que así non se vai a notar que achegaron menos do que debían. Tamén hai xente que, directamente, non paga nada. Crense que as administracións públicas e os demais cidadáns non se van a enterar.
Pode que, ao principio, non se note, ou que os demais non se enteren. Pode que se crean que conseguiron enganar o Estado. Pero eles saben que o que fan está mal. Non están enganando o Estado, á súa Comunidade Autónoma ou ao seu Concello. Están tirando unha parte do que lles corresponde a todos os cidadáns, incluídos a eles mesmos. Eles saben que se están comportando como persoas egoístas e insolidarias e que están enganandose a si mesmos e aos demais.
Ademais, tarde ou cedo, todos os enganos acábanse descubrindo. Cando se lles descubre, buscan escusas para desculpar o seu comportamento. Pero non lles serve de nada porque, ao final, terán que pagar o que lles correspondía e, ademais algo máis, porque se lles pon unha multa.
Teñen que pagar o que lles correspondía e, ademais algo máis, porque se lles pon unha multa.
O Estado ten a obriga de defender os intereses de todos os cidadáns. En particular, ten que defender os intereses dos bos cidadáns que si pagan os impostos que lles corresponden. E, por iso, non pode tolerar estes enganos e estas condutas egoístas e insolidarias. Por iso, a Axencia Tributaria e as Administracións Tributarias autonómicas e locais teñen que comprobar o pagamento dos impostos de todos os cidadáns. E aos que incumpren as súas obrigas tributarias, porque pagan menos do que deben ou non pagan, se lles esixe o diñeiro que non achegaron á colectividade e, ademais se lles sanciona.
Tamén actúan mal e en contra da lei, os que abusan dos bens e servizos públicos, pagos co diñeiro de todos e postos a disposición dos cidadáns para beneficio común. Os que abusan, estragan ou utilizan mal os bens e servizos públicos tamén están causando un prexuízo a todos os demais, porque o Estado, a súa Comunidade Autónoma ou o seu Concello, terá que gastar máis diñeiro de que debería por causa da conduta egoísta, insolidaria e incívica duns poucos.