Saltar ao contido principal
Quen paga os impostos?

Aritmética

Área : Matemáticas. Tipo : Individual. Nivel : Segundo ciclo de ESO.

Unha persoa recibe un salario mensual de 1.400 €, cóbrega intereses bancarios este ano por 200 € e vendeu tamén este ano un garaxe por 20.000 € que lle custara 15.000 €. Calcula a renda que computará no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas este ano.

  • Canto pagará polo Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas sabendo que:

    • Para rendas entre 1 e 12.449 euros, o tipo é o 19%.

    • Para rendas entre 12.450 e 20.199 euros, o tipo é o 24%.

    • Para rendas entre 20.200 e 35.199 euros, o tipo é o 30%.

    • Para rendas entre 35.200 e 59.999 euros, o tipo é o 37%.

    • Para rendas entre 60.000 e 299.999 euros, o tipo é o 45%.

    • Para rendas superiores a 300.000 euros, o tipo é o 47%.

  • Canto pagará polo Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas unha persoa que gana 2.400 euros ao mes, cóbrega intereses bancarios este ano por 200 euros e vendeu tamén este ano dous garaxes, cada un por 14.000 euros, habendolle custado cada un 12.000 euros?

  • Extrae conclusións destes dous exemplos no referente á progresividade do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. A segunda persoa ten o dobre de renda que a primeira? Paga a segunda persoa o dobre que a primeira polo Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas? Paga máis do dobre? Paga menos do dobre?

  • De cada euro que ingresa o Estado o 47% destínase á Seguridade Social, Sanidade e Promoción Social. Se á Seguridade Social se dirixe o 60% desta partida, a Sanidade o 30% e a Promoción Social o 10%, Que porcentaxe reparte o Estado por cada un destes conceptos?