Saltar ao contido principal
Quen paga os impostos?

A evasión e a fraude

Todas as persoas que viven no Fogar Público que é o Estado teñen que contribuír a financiar os gastos comúns. É dicir, todos os cidadáns, teñen que pagar os impostos. Pero hai persoas que non fano así e que non ingresan os impostos que lles corresponden. Isto é unha inxustiza, porque estas persoas utilizan os bens e servizos públicos, igual que todos os demais. E, porén, non achegaron o diñeiro que lles correspondía achegar para pagaros. A estas persoas se chámalles "defraudadores".

Como estas persoas non pagaron seu parte, o Estado (que como sabemos inclúe as Comunidades autónomas e os Concellos) ten menos diñeiro para os servizos públicos e, entón, só lle quedan dous camiños. Ou ben proporciona menos servizos públicos ou de inferior calidade de que se necesitan, co que todos saímos prexudicados. Ou ben, se quere proporcionar os servizos públicos que se necesitan, ten que pedir máis diñeiro aos cidadáns, co cal os que pagan correctamente os seus impostos, teñen que achegar máis diñeiro polo que outros usan e non pagan.

Hai xente que defrauda, de moitas maneiras. Haios que pagan unha parte, pero non todo o que lles corresponde. Cren que así non se vai a notar que achegaron menos do que debían. Tamén hai xente que, directamente, non paga nada. Supoñen que as administracións públicas e os demais cidadáns non se van a enterar.

Pode que, ao principio, non se note, ou que os demais non se enteren. Pode que se crean que conseguiron enganar o Estado. Pero eles saben que o que fan está mal. Non están enganando o Estado, á súa Comunidade autónoma ou ao seu Concello. Están tirando unha parte do que lles corresponde a todos os cidadáns, incluídos a eles mesmos. Eles saben que se están comportando como persoas egoístas e insolidarias, e que están enganandose a si mesmos e aos demais.

Ademais, tarde ou cedo, todos os enganos acábanse descubrindo. Acontece que, moitas veces, para enganar no pagamento dos impostos, hai que enganar noutros niveis económicos e legais. Ou tamén acontece que, para ocultar as cousas que se fan mal noutros niveis económicos e legais, hai que enganar nos impostos. Co cal, ao final faise unha lea enorme e acábase descubrindo todo o asunto. Cando se descubre aos defraudadores, estes buscan escusas para desculpar o seu comportamento. Pero normalmente non lles serve de nada porque, ao final, se lles sanciona. Teñen que pagar o que lles correspondía e, ademais máis, porque se lles pon unha multa ou incluso haios que teñen que ir ao cárcere por cometer delito fiscal.

O Estado ten a obriga de defender os intereses de todos os cidadáns. En particular, ten que defender os intereses dos bos cidadáns que si pagan os impostos que lles corresponden. E, por iso, non pode tolerar estes enganos e estas condutas egoístas e insolidarias dos defraudadores. Por iso, a Axencia Tributaria e as Administracións Tributarias autonómicas e locais teñen que comprobar o pagamento dos impostos de todos os cidadáns. E os que incumpren as súas obrigas tributarias (defraudadores), porque pagan menos do que deben ou non pagan, se lles esixe o diñeiro que non achegaron á colectividade e, ademais se lles sanciona.

Tamén acontece que hai xente que, aínda que pague correctamente os seus impostos, abusa dos bens e servizos públicos. Úsanos mal, desperdician as oportunidades que se lles ofrecen, enganan para que lles acaden beneficios aos que non teñen dereito, etc. Estes tamén son defraudadores. Non sono pola vía dos ingresos públicos (non cometen fraude tributaria), pero sono pola vía dos gastos públicos (cometen tamén fraude fiscal). Tamén son persoas egoístas e insolidarias que tiran aos demais, recursos e oportunidades. Por exemplo, hai persoas novas que desaproveitan as oportunidades que lles ofrece o sistema educativo e, con iso, desperdician o diñeiro público que aos cidadáns cústalles un esforzo pagar. Iso, aínda que non estea castigado pola lei, é unha conduta asocial, egoísta e insolidaria.