Saltar ao contido principal
Quen recada os impostos e controla as aduanas?

Con que medios conta para levar a cabo a súa actividade?

Na Axencia Tributaria prestan servizo máis de 27.000 persoas que fan posible a aplicación efectiva dos tributos establecidos polas leis.

Conta con máis de 270 oficinas: Delegacións Especiais, Delegacións, Administracións e Administracións de Aduanas, distribuídas por todo o territorio nacional co fin de garantir a maior proximidade na información e asistencia ao contribuínte e a recadación e inspección dos tributos. Existen ademais Administracións de asistencia Dixital Integral (ADI), que son oficinas virtuais que prestan aos contribuíntes servizos de información e asistencia por medios electrónicos ou telefónicos.

Os sistemas informáticos da Axencia Tributaria teñen un importantísimo papel en todo este traballo, xa que é preciso manexar unha inxente cantidade de información procedente das declaracións dos contribuíntes e dos pagadores dos distintos tipos de rendas sometidas a tributación.

Tamén se conta con automóbiles, embarcacións e aeronaves destinadas ao control e represión do contrabando e do tráfico de substancias de ilícito comercio.