Saltar ao contido principal
Quen recada os impostos e controla as aduanas?
Procesando...

Lembremos que...

A Axencia Estatal de Administración Tributaria é un organismo do Estado dependente do Ministerio de Facenda, que xestiona o sistema tributario estatal e aduaneiro.

O obxectivo esencial da Axencia Tributaria é o fomento do cumprimento polos cidadáns das súas obrigas tributarias. Para iso, desenvolve dúas liñas de actuación:

  • Informar e axudar os contribuíntes a cumprir as súas obrigas tributarias,

  • Detectar e corrixir aquelas actuacións que non se axustan ao que establecen as leis tributarias.

Para iso existe unha organización territorial moi extensa, que achega as oficinas da Axencia Tributaria ao cidadán: existen delegacións e administracións da Axencia dispersas polas cidades e vilas do noso país.

Tamén a Axencia ofrece os seus servizos por Internet, de tal forma que os cidadáns poden facer as súas xestións telematicamente, sen moverse da súa casa.

Ademais da Axencia Tributaria, existen outras administracións tributarias de ámbito inferior: autonómicas, locais.