Obrigas contables, rexistrais e de facturación
Informámosche sobre as obrigas en IRPF e en IVE
Obrigas contables e rexistrais en IRPF
Deberás levar:
-
un libro rexistro de bens de investimento (se che deduces as amortizacións)
-
un libro rexistro de vendas e ingresos (cando realices actividades cuxo rendemento neto se determine tendo en conta o volume de operacións)
Desde o 1 de xaneiro de 2019 estes libros son obrigatorios aínda que voluntariamente leves a túa contabilidade axustada ao Código de Comercio.
Ademais de levar os libros deberás conservar:
- as facturas emitidas numeradas por datas e agrupadas por trimestres
- as facturas e xustificantes doutro tipo recibidos
- os xustificantes dos signos, índices ou módulos aplicados