Saltar ao contido principal
Metodoloxía

Tipo de entidade

Obtido a partir do réxime de tributación sinalada nas declaracións do Imposto. En función desta información, as entidades declarantes quedan clasificadas como:

  • Entidades de crédito
  • Entidades aseguradoras
  • Sociedades non financeiras

Entidades de crédito: é o conxunto de grupos de sociedades e demais sociedades cuxa actividade principal consiste en financiar, é dicir, recoller, transformar e repartir recursos financeiros. Estas entidades están obrigadas á elaboración das súas contas anuais segundo as normas de contabilidade ditada polo Banco de España, trátase dos Bancos e Caixas de Aforro e outras entidades financeiras. A normativa en vigor para a elaboración dos seus estados contables é a Circular 5/2014 do 28 de novembro do Banco de España, sobre normas de información financeira pública e reservada e modelos de estados financeiros e tera en contase para os períodos impositivos que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2018, o Real Decreto-lei 27/2018, do 28 de decembro, polo que se adoptan determinadas medidas en materia tributaria e catastral, co obxectivo de introducir no Imposto sobre Sociedades os efectos da Circular 4/2017, do 27 de novembro, do Banco de España. Como no caso das entidades aseguradoras non existe unha distinción clara entre o Activo circulante ou corrente e o non corrente ou Activo Fixo, o mesmo cabe dicir do seu pasivo. A diferenza entre un e outro concepto en contabilidade é a súa dispoñibilidade ou non para a venda, é dicir, a súa realización, e no caso das débedas con terceiros se o seu vencemento é a un prazo inferior ou superior ao ano.

Entidades aseguradoras: fórmano os grupos de sociedades e demais sociedades cuxa actividade principal é asegurar, é dicir, transformar riscos individuais en riscos colectivos. Trátase daquelas entidades ás que resulta de aplicación obrigatoria o Plan de Contabilidade Sectorial aprobado por Real decreto 1736/2010, do 23 de decembro, e nos mesmos termos están recollidos no modelo de declaración. Entre as institucións do seguro inclúense aos fondos de pensións e ás entidades de previsión social como mutualidades e montepíos, pero non se inclúen ás Mutualidades de funcionarios (MUFACE, MUGEJU e ISFAS), que forman parte das Administracións de Seguridade Social.

As  Sociedades non financeiras  intégrano os grupos de sociedades e as empresas con forma xurídica que tributan ou declaran polo Imposto de Sociedades e cuxa función principal é a produción de bens e servizos destinados á venda que elaboran as súas contas anuais de acordo co Plan Xeral de Contabilidade aprobada por Real decreto 1514/2007 e o Plan Xeral de Contabilidade de Pequenas e Medianas Empresas aprobado por Real decreto 1515/2007, ambos os dous modificados polo RD 602/2016, do 2 de decembro. Constitúen o groso da estatística representando máis do 99 %do total da poboación estudada.