Obxectivo da publicación
A estatística presentada en Contas anuais non consolidadas do Imposto sobre Sociedades pretende ofrecer unha imaxe detallada do sector societario no seu conxunto a través de información relativa á estrutura patrimonial e aos resultados das entidades declarantes clasificadas polo tipo de colectivo empresarial, a comunidade autónoma en que declaran, o sector ao que pertencen e a dimensión da empresa segundo o seu número medio de asalariados no ano da estatística ou a súa cifra de negocios.
A explotación estatística das declaracións do imposto está dispoñible desde 1985 (en versión electrónica desde o ano 2004) mediante a "Estatística por partidas do Imposto de Sociedades" e desde 2002 complementada a través da publicación de “Contas anuais do imposto sobre sociedades”. Con esta publicación fusiónanse as dous anteriores para unha mellor dispoñibilidade e accesibilidade da información.