Ratios
As ratios que se definiron empréganse nesta estatística desde unha perspectiva agregada ou macroeconómica xa que se constrúen, para cada grupo de empresas, non como media aritmética das ratios individuais senón a partir das magnitudes contables agregadas do grupo en estudo.
Ademais do seu interese para a análise económico-financeira das diversas categorías de empresas definidas na estatística, as ratios son instrumentos que facilitan as comparacións; pretendendose que teñan tamén utilidade para a empresa individual, que poderá contrastar a súa estrutura contable concreta coa do grupo ao que pertence.
As ratios estrutúranse en dous conxuntos; o primeiro inclúe os que achegan información sobre a rendibilidade da empresa, e serven especificamente á análise económica. O segundo inclúe os que están orientados cara á análise financeiro.