Ámbito poboacional
O marco poboacional está constituído por todos aqueles contribuíntes obrigados a declarar de acordo co que se dispón no artigo 37 da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do Imposto sobre o Patrimonio.
Están obrigados a presentar declaración polo Imposto sobre o Patrimonio os suxeitos pasivos, xa séxano por obriga persoal ou real de contribuír (descrito no artigo 5 da Lei).
Os suxeitos pasivos por obriga persoal están obrigados a presentar declaración cando concorra algunha das seguintes circunstancias:
- Cando a súa cota tributaria, determinada de acordo coas normas reguladoras deste imposto, e unha vez aplicadas as deducións ou bonificacións que procederen, resulte a ingresar.
- O valor dos seus bens ou dereitos, determinado de acordo coas normas reguladoras do Imposto, resulte superior a 2.000.000 de euros.
Con respecto á obriga real teñen obriga de presentar declaración as persoas físicas que non teñan a súa residencia habitual en territorio español pero que sexan titulares de bens radicados en España ou sexan titulares de dereitos que poidan exercitarse no territorio. O imposto esíxese por estes bens e dereitos, calquera que sexa o valor do patrimonio neto.