Introdución
A publicación "Estatística dos declarantes do Imposto sobre o Patrimonio" está baseada nos datos procedentes das declaracións anuais do modelo de declaración D-714 (Imposto sobre o Patrimonio) que presentan todos aqueles contribuíntes no Territorio de Réxime Fiscal Común obrigado a declarar. A presentación da declaración polo Imposto sobre o patrimonio realízase de forma simultánea coa declaración de IRPF do mesmo exercicio de devindicación.
O Imposto sobre o Patrimonio, é un tributo de carácter directo e natureza persoal que grava o patrimonio neto das persoas físicas nos termos previstos na lei, entendendo por tal o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que a persoa física sexa titular a 31 de decembro do ano de devindicación do imposto, con dedución das cargas e gravames que diminúan o seu valor e das débedas e obrigas persoais de que deba responder.
A partir de 2022, incluímos un apartado do "Imposto Temporal de Solidariedade das Grandes Fortunas" (ITSGF), imposto que grava o patrimonio neto das persoas físicas cando este sexa superior a 3.000.000 de euros que se devindica a 31 de decembro e declárase no modelo 718. É un tributo de carácter directo, de natureza persoal, carácter temporal e complementario do Imposto sobre o Patrimonio. A súa aplicación é en todo o territorio español e non poderá ser obxecto de cesión ás Comunidades Autónomas.