Saltar ao contido principal
Metodoloxía

3.2.4. Decilas

As decilas son grupos de poboación do mesmo tamaño que se obteñen ordenando a poboación por unha variable de interese. Nesta estatística ordénanse de menor a maior as declaracións individuais pola variable de patrimonio total e divídese a poboación en 10 grupos de igual tamaño para obter as decilas, que corresponde con cada un dos grupos de poboación, sendo a decila 1 a dos valores máis baixos de patrimonio e a 10 a dos valores máis altos. Esta variable de clasificación ofrécese no bloque V.