Saltar ao contido principal
Metodoloxía

Contido da publicación

Contido

A publicación está integrada pola presente Metodoloxía e as Táboas Estatísticas.

A Metodoloxía proporciona o ámbito poboacional e territorial da estatística, define as variables que son obxecto de explotación e presenta as variables de clasificación utilizada.

As Táboas Estatísticas presentan a información para o TOTAL NACIONAL en cinco bloques: bloque I: Cadros xerais, bloque II: Estatística por partidas, bloque III: Estatística por declarante, bloque IV: Resumo do Imposto sobre a Renda das persoas físicas e  bloque V: Ganancias e perdas patrimoniais.

Bloque I: Cadros xerais. Contén un conxunto de táboas e cadros resumo referidos a conceptos xerais, distribución das liquidacións por Comunidades Autónomas e provincias e información sobre rendementos de actividades económicas.

Bloque II: Estatística por partidas. Presenta as partidas do modelo de declaración desde dúas perspectivas:

  • Detalle de partidas: divididas en 12 grupos, proporcionandose o número, importe e media de cada partida.
  • Por tramos de rendemento: divididas en 21 grupos atendendo á estrutura dos propios modelos, facilitandose información con detalle para 10 tramos de "rendementos e imputacións de renda". Cada partida pode consultarse por tipo de declaración: total, modalidade conxunta e individual.

Incluiuse en ambas as dúas perspectivas un detalle sobre donativos e outras achegas, podendose consultar o número, importe e media das partidas correspondentes.

Bloque III: Estatística por declarante. Presenta, a partir do exercicio 2018, información estatística por declarante. Neste bloque móstrase a renda bruta suxeita individual, é dicir, ademais de definirse nas declaracións individuais, a renda bruta suxeita defínese de forma separada para cada un dos titulares que integran as súas rendas nas declaracións conxuntas. Esta variable está calculada a partir dos datos dos seus compoñentes consignados nas propias declaracións de IRPF. Ademais, introdúcese un novo conxunto de datos económicos principais declarados, dispoñibles tamén, por cada un dos titulares da declaración.

Neste apartado, baixo a denominación de Datos económicos do imposto e no concernente aos rendementos do capital inmobiliario derivado de inmobles de uso residencial non afectos a actividade económica e con uso distinto á vivenda habitual, preséntanse dúas variables elaboradas a partir do estudo completo da titularidade e o uso dos inmobles que figuran detallados en todas as declaracións do IRPF. Estas variables son:

  • Número equivalente de vivendas a disposición: Cada inmoble compútase exclusivamente pola parte do mesmo dedicada a esta finalidade, tanto en tempo como en uso.
  • Número equivalente de vivendas arrendadas: Cada inmoble compútase exclusivamente pola parte do mesmo dedicada a esta finalidade, tanto en tempo como en uso.

Bloque IV: Resumo do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. Presenta información de todas as partidas da declaración desde unha perspectiva, por un lado, de xénero, é dicir, clasificada polo sexo do perceptor principal de renda e, polo outro, de nacionalidade. Inclúense baixo a rúbrica de Situación familiar un conxunto de táboas estatísticas que achegan unha panorámica xeral dos valores medios para unha selección de partidas especialmente relevantes do imposto presentado desde unha perspectiva persoal atendendo á situación familiar.

Bloque V: Ganancias e perdas patrimoniais. Neste bloque novo, preséntanse, a partir do exercicio 2019, a información do apartado de Ganancias e perdas patrimoniais do modelo de declaración desde dúas perspectivas. Por un lado, proporciónanse as partidas da declaración baixa a denominación de Ganancias e perdas patrimoniais integradas nas declaracións e, doutra banda, unha perspectiva máis detallada en que se cualifican as distintas operacións de alteración patrimonial que ocasionan as ganancias e perdas computables na renda do exercicio por tipo de operación e tipo de activo de que se obteñen as mesmas. Esta segunda perspectiva céntrase exclusivamente nas ganancias e perdas patrimoniais derivadas da transmisión de elementos patrimoniais (accións, dereitos de subscrición, fondos, inmobles, moedas virtuais e outras elementos patrimoniais afectos ou non á actividade económica) a integrar na base impoñible do aforro.