Saltar ao contido principal
Metodoloxía

BLOQUE III: Estatística por declarante

Está formada por dous grupos de táboas:

  • Renda bruta suxeita, para o declarante principal e para o cónxuxe e resto.
  • Datos económicos, preséntanse desagregados por perceptor das rendas declaradas e clasificados en titular e cónxuxe (esta información é nova tanto na declaración modelo 100, como nesta estatística). Este grupo de táboas organízase en catro apartados:
    • Rendementos do traballo
    • Rendementos de capital mobiliario
    • Bens inmobles non afectos a actividades económicas
    • Rendementos de actividades económicas

    En Bens inmobles non afectos a actividade non só se inclúen datos económicos, senón que se incorpora o agregado do número equivalente de vivendas de uso residencial non afectos a actividade económica e non destinados a vivenda habitual afectados da porcentaxe de propiedade de cada titular e do período de tempo de uso: por un lado, as vivendas con uso exclusivo a disposición dos seus titulares (segundas residencias) e, por outro, as vivendas arrendadas. A Renda inmobiliaria imputada divídese en función de se o inmoble permaneceu todo o ano a disposición dos seus propietarios ou ben o inmoble estivo, ademais, arrendado unha parte do ano.