Ganancias e perdas patrimoniais (bloque V)
Contén dous apartados:
- Ganancias e perdas patrimoniais integradas nas declaracións: neste apartado preséntase o número, importe e media das partidas da declaración correspondente, por un lado, ás ganancias e perdas patrimoniais a integrar na base impoñible xeral e, por outro, ás ganancias e perdas patrimoniais a integrar na base impoñible do aforro.
- Detalle das operacións realizadas con accións, dereitos de subscrición, fondos, inmobles, moedas virtuais e outras elementos patrimoniais afectos ou non á actividade económica:
Nas táboas de Operacións por tipo de activo subxacente e por CA, as variables de explotación son as seguintes:
- Número de operacións: é o número total de cada unha das transaccións declaradas en que se recoñece a existencia dunha alteración patrimonial que orixina unha renda, positiva ou negativa, a integrar na base impoñible do imposto baixo o concepto de ganancias ou perdas patrimoniais.
- Importe: contía correspondente ao resultado de cada operación.
- Operacións con ganancia cero: é o número de operacións cuxo resultado é igual a cero.
- Número (Ganancias patrimoniais/Perdas patrimoniais): é o número de operacións cuxo resultado presenta signo positivo e o número de operacións cuxo resultado presenta signo negativo, respectivamente.
- Importe medio: cociente entre o importe e o número no caso de ganancias e perdas patrimoniais. No caso da ganancia patrimonial neta é o cociente entre o resultado global e o número de operacións.
Nas táboas de Detalle das operacións de transmisión de activos por tipo de activo e por CA, as variables de explotación son as seguintes:
- Número: é o número de operacións con contido na partida ou grupo de partidas.
- Importe: é o importe consignado na partida da declaración ou suma de partidas.
- Media: é a media aritmética do importe total da partida entre o número de operacións desa partida.