Ámbito poboacional
2.1. ÁMBITO POBOACIONAL
A presente estatística é unha investigación censual das empresas que son presentadoras de declaracións do imposto sobre o Valor Engadido, estean ou non obrigados á presentación dun resumo anual das súas operacións.
Deben presentar a declaración-resumo anual todos aqueles suxeitos pasivos do IVE que teñan obriga de presentar declaracións-liquidacións periódicas do imposto e non estean exonerados, e ademais aqueles suxeitos pasivos acollidos ao procedemento de declaración conxunta.
Xérase unha declaración virtual para os efectos desta estatística para os empresarios exonerados da obriga de presentar a declaración-resumo anual.
No ámbito poboacional do IVE, inclúese un colectivo de suxeitos pasivos, que se consideran empresarios aos sos efectos de aplicación da Lei do IVE, e que está constituído polos arrendadores de locais de negocios.
A normativa do IVE, exclúe da obriga de declaración e liquidación do imposto aos suxeitos pasivos acollidos a determinados réximes especiais. Así, o art. 129 da Lei do IVE exclúe destas obrigas aos suxeitos pasivos acollidos ao Réxime Especial da Agricultura, Gandaría e Pesca; e o art. 154.2, exclúe a acollídosos ao Réxime Especial da Recarga de Equivalencia.