Saltar ao contido principal
Metodoloxía

Obxectivos da publicación

A estatística presentada en Estatística por partidas do IVE constitúe unha explotación censual da declaración-resumo anual do Imposto sobre o Valor Engadido presentado no modelo de declaración 390, e das declaracións-liquidacións periódicas do imposto dos declarantes exonerados da presentación do resumo anual, así como dos obrigados ao SII , a partir das que se elabora un resumo anual virtual co mesmo formato do modelo 390 para estes declarantes. Con esta información censual preténdese ofrecer datos dos declarantes do imposto, cunha enumeración das partidas en termos do modelo 390 e o seu contido.

A presente publicación actualiza en formato electrónico a información xa dispoñible en anos precedentes en formato papel, ademais de facera máis manexable e operativa.