Saltar ao contido principal
Metodoloxía

Presentación

A "Estatística de Pemes", incorporada á serie de Estatísticas Tributarias elaboradas pola Axencia Estatal da Administración Tributaria (con primeiro exercicio de referencia 2017), está baseada na información relativa ás actividades económicas facilitadas polos empresarios e profesionais persoas físicas nas súas declaracións anuais do Imposto sobre a Renda e na información relativa aos estados contables que as empresas societarias presentan nas súas declaracións anuais do Imposto sobre Sociedades.

En relación coa peme non societaria, a normativa do imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, no relativo á actividade económica de empresarios e profesionais establece tres métodos de determinación do rendemento neto das actividades económicas: estimación directa normal, estimación directa simplificada e estimación obxectiva de actividades económicas.

Esta estatística analiza de forma simultánea dous colectivos de empresas que realizan actividades económicas: un subconxunto son as pemes non societarias en estimación directa normal e simplificada e o outro, as empresas societarias de reducida dimensión. O obxectivo é completar a visión da actividade económica xeral cunha visión comparada, xa que ata agora, a análise realizouse de maneira independente nas estatísticas xa publicadas Contas anuais non consolidadas do Imposto sobre Sociedades (anteriormente Contas anuais no imposto sobre sociedades) e Rendementos da Actividade Económica dos Empresarios Autónomos ou Persoas Físicas.

Incorpórase un módulo adicional con información relativa ás pemes societarias segundo o criterio europeo, recollido no Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión.

O eixe da estatística se articula a partir dunha conta de perdas e ganancias unificadas, común aos dous colectivos que forman a poboación de estudo, que permite a comparación das pemes españolas sen forma societaria coas pemes con forma societaria. Desta maneira poderase comparar a carga tributaria dun empresario persoa física que realiza unha determinada actividade económica en estimación directa e a carga tributaria que soporta unha empresa societaria pola realización desa mesma actividade. Tamén se poderán comparar os importes medios da cifra de negocios de ambos os dous tipos de empresas, o valor engadido que xeran, os seus gastos, os seus rendementos, así como o número de asalariados contratados, en resumo, as características máis salientables da empresa por actividade, dimensión, localización, etc...