Ratios económicas
Taxa de valor engadido
Defínese como o cociente entre o valor engadido e a produción expresada en tanto por cento.
Taxa de gastos de persoal
Defínese como o cociente entre os gastos de persoal e o valor engadido expresado en tanto por cento.
Margen bruto de explotación
Defínese como o cociente entre o resultado bruto de explotación e a produción expresada en tanto por cento.
Para o colectivo pemes societarias segundo criterio UE esta ratio calcúlase como cociente entre o resultado bruto de explotación e a cifra de negocio.
Taxa de rendibilidade económica
Defínese como o cociente entre o resultado antes de impostos e a produción expresada en tanto por cento.
Para o colectivo pemes societarias segundo criterio UE esta ratio calcúlase como a porcentaxe que representa o beneficio económico ou beneficio operativo (antes de pagar os intereses das débedas, é dicir os gastos financeiros) co capital total investido (activo real). A esta ratio tamén se lle denomina rendibilidade do investimento. O activo real calcúlase como activo total neto de provisións a longo e curto prazo.
Taxa de fracaso
Defínese como o cociente entre o número de empresas con resultado contable negativo ou cero e o número total de empresas expresadas en tanto por cento.
Taxa de rendibilidade financeira
Calculada unicamente para o colectivo pemes societarias segundo criterio UE. Defínese como o cociente entre o resultado antes de impostos e os recursos propios netos expresado en tanto por cento.