Saltar ao contido principal
Metodoloxía

Ratios financeiras

Estas ratios son calculados unicamente para o módulo de pemes societarias criterio UE.

Ratio de Tesourería

É a porcentaxe que representa a suma do activo corrente con respecto ao pasivo corrente. Esta ratio mide as posibilidades de facer fronte ás obrigas de pagamento a curto prazo.

Ratio do Fondo de manobra

O fondo de manobra defínese como o montante de recursos financeiros permanentes necesarios para poder levar a cabo con normalidade as operacións de natureza corrente, e calcúlase como saldo diferencial entre o activo corrente e o pasivo corrente entre o pasivo fixo composto polo patrimonio neto e o pasivo non corrente.

Ratio de Endebedamento

Este cociente relaciona as débedas totais da entidade (acredores totais) cos recursos propios netos e é o inverso á ratio de autonomía financeira non dado nesta estatística. Calcúlase como a porcentaxe do pasivo minorado nas provisións entre o patrimonio neto.