Tramo e dimensión de asalariados
As actividades económicas que cada suxeito presenta na súa declaración, así como o propio funcionamento dunha empresa son susceptible de ter asalariados para a súa realización, polo tanto, esta variable (Tramo de asalariados) clasifica cada empresa segundo o número de asalariados da seguinte maneira:
- Sen traballadores
- De 1 a 9 traballadores asalariados
- De 10 a 99 traballadores asalariados
- De 100 a 250 traballadores asalariados
Agrupando estas categorías por número de asalariados tamén se obteñen unha nova clasificación (Dimensión de asalariados):
- Sen asalariados
- Con asalariados