Saltar ao contido principal
Metodoloxía

Impostos directos

No caso das sociedades, é o imposto que aparece na conta de perdas e ganancias como gasto por imposto sobre beneficios contable, con signo positivo ou negativo, dependendo que o resultado antes de impostos sexa de signo negativo ou positivo (perdas ou beneficio), respectivamente.

No caso dos empresarios persoas físicas, o imposto directo fai referencia á cota líquida atribuída á actividade económica. Isto é, no imposto intégrase o Resultado da actividade (rendemento neto) na base impoñible xeral tributando coa tarifa progresiva do imposto. Mediante unha metodoloxía específica, a mesma empregada na estatística de RAE, atribúese a Cota Resultante da Autoliquidación aos distintos compoñentes de renda que se integran na declaración, e é o que, neste contexto, tratamos como Impostos directos, e que non é outra, que a Cota atribuída á actividade. Só se reparte cota resultante total positiva a diferenza do que ocorre co imposto reportado de sociedades. Esta cota interprétase como imposto directo no ámbito da actividade realizada por empresarios individuais, pero non corresponde a un concepto teórico igual ao contemplado no imposto sobre sociedades nesta variable.

Porén, o concepto que resulta comparable á cota atribuída á actividade en IRPF é a cota líquida positiva do imposto sobre sociedades. Este é o concepto que corresponde co realmente liquidado en cada exercicio por cada imposto, facendo uso das correccións técnicas, a compensación de base e as deducións ás que o declarante teña dereito en cada caso. Esta variable denomínase Cota Líquida na Conta de Perdas e Ganancias unificadas.