Saltar ao contido principal
Metodoloxía

Resultado antes de impostos (RAI)

Fórmase por agregamento do rendemento neto de explotación e o resultado financeiro e constitúe unha medida do beneficio empresarial con anterioridade á dedución do imposto directo, xa sexa renda ou sociedades. No caso das pemes societarias o resultado antes de impostos depende da composición e funcionamento do activo e da estrutura do pasivo, e, en especial, da situación financeira da entidade, é dicir, a súa forma de financiarse por conta propia ou conta allea, así como dos resultados obtidos fóra do tráfico comercial.