Saltar ao contido principal
Metodoloxía

Modalidade de determinación do rendemento

Modalidade de determinación do rendemento (no Anexo III recóllese baixo as siglas MDRAE e MDRAE ppal): De acordo co que se dispón no artigo 16 da Lei do IRPF, os métodos de estimación do rendemento neto das actividades empresariais, mercantís ou non mercantís, e profesionais son as seguintes.

  • Estimación directa normal
  • Estimación directa simplificada
  • Estimación obxectiva:
    • Obxectiva: actividades distintas das agrícolas, gandeiras e forestais
    • Agrícola: actividades agrícolas, gandeiras e forestais

Desde a perspectiva de declaración (sigla MDRAE ppal), cada unha delas clasifícase por un único método de estimación a pesar de que, nunha mesma declaración, pode haber varias actividades en diferentes métodos de estimación. Para iso tómase como modalidade de determinación aquela que acumule maior rendemento en valor absoluto.

Desde a perspectiva de actividade (sigla MDRAE), a modalidade de determinación do rendemento coincide co método de estimación do rendemento da actividade económica.