Estatística de vivendas declaradas no IRPF
A nova estatística de vivenda que se presenta proporciona unha foto do mercado inmobiliario residencial pertencente a propietarios persoas físicas, achegando información dos usos dos inmobles, con especial atención por razóns de oportunidade e interese xeral ao arrendamento de vivendas por situación das mesmas.
A estatística incorpora o módulo de vivendas que se publicaba na estatística de IRPF desde 2019, cun bloque novo por situación da vivenda obtido da información combinada de catastro e renda, e que se utiliza desde hai anos pola AEAT para a construción do “Sistema estatal de índices de referencia do prezo do alugamento de vivenda”.
Con respecto ao arrendamento, a combinación de fontes permite publicar o alugamento medio mensual, alugamento medio mensual por metro cadrado, os días medios en que a vivenda estivo arrendada, o valor de referencia medio e a rendibilidade bruta tanto do arrendamento sexa como vivenda habitual ou non. Territorialmente preséntase unha ampla desagregación por Comunidades Autónomas, provincias, municipios maiores de 20.000 habitantes e por código postal nos municipios con máis de 20.000 vivendas arrendadas, en todos os casos do Territorio de Réxime Fiscal Común.
Próximas publicacións:
- Xullo de 2026 (Datos de 2024)