CLAVE L. Rendas exentas e dietas exceptuadas de gravame
Identificaranse con esta clave as dietas e asignacións para gastos de viaxe, nas contías que resulten exceptuadas de gravame de acordo co que se dispón no artigo 9 do Regulamento do Imposto, así como as rendas exentas do IRPF que teñan a consideración de rendementos do traballo, con excepción das anualidades por alimentos a que se refire a letra k) do artigo 7 da Lei do Imposto, e aqueloutras que, tendo a consideración de rendementos de actividades económicas, estean exentas en virtude do que se dispón no citado artigo 7 da Lei do Imposto.
Tratandose de dietas e asignacións para gastos de viaxe, así como cando a exención estea suxeita a límites cuantitativos, se a persoa ou entidade declarante satisfixese cantidades superiores aos límites legais ou regulamentariamente establecidos, o exceso deberá incluírse na clave e, se é o caso, subclave, que corresponda das demais claves e subclaves que nestas instrucións se indican.
Consignarase, obrigatoriamente, a subclave que en cada caso proceda das indicadas no campo SUBCLAVE.
- SUBCLAVE 06 : Prestacións por incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez que estean exentas conforme ao que se establece na letra f) do artigo 7 da Lei do Imposto.
- SUBCLAVE 07 : Pensións por inutilidade ou incapacidade permanente do réxime de clases pasivas a que se refire a letra g) do artigo 7 da Lei do Imposto.
- SUBCLAVE 13 : Prestacións por desemprego abonado na modalidade de pagamento único que estean exentas en virtude do que se establece na letra n) do artigo 7 da Lei do Imposto.
- SUBCLAVE 27 : Prestacións públicas por maternidade ou paternidade exento do IRPF.