2003 Eliminación de certas prestacións públicas da clave B
A partir de 2003, a Lei 46/2002, do 18 de decembro, de reforma parcial de IRPF establece como novidade a exención das prestacións públicas de pensións de orfandade, producindose cambios no colectivo de Pensionistas (rendas suxeitas e non exentas). Para os efectos do modelo 190, mentres que as pensións de orfandade antes de 2003 estaban incluídas dentro da clave B de percepcións, con este cambio, pasan a estar na clave L-Rendas exentas - subclave 08, e, polo tanto, fóra das claves de percepción estudada.
Polo tanto, na estatística Mercado de Traballo e Pensións nas fontes tributarias, as pensións de orfandade quedan fóra do ámbito de estudo, ao estar diferenciadas do resto de pensións da clave B e non ser susceptibles do obxecto de estudo do colectivo pensionistas, isto é, as pensións contributivas.
fontes externas ás fiscais, en 2004 o número de pensións contributivas por orfandade do réxime xeral cifrouse arredor das 160.000 percepcións.