Saltar ao contido principal
Metodoloxía

Tramos de salario

  • Mobilidade por tramos de salario
  • Taxas de variación de asalariados e salarios por tramos de salario
  • Pesos/Taxas de Altas e Baixas
  • Variación neta de asalariados

Estas catro táboas descríbense a continuación:

  • Mobilidade por tramos de salario desdóbrase nas seguintes táboas:
    • Mobilidade por tramos de salario, xénero e nacionalidade. Proporciona unha visión xeral do Mercado de Traballo no bienio de referencia, presentando, para os movementos de Altas, Baixas e Permanencias no Mercado de Traballo, datos sobre o número de asalariados e o seu salario medio anual (SMA), clasificado por tramos de salario referido ao SMI do exercicio t. No caso das permanencias preséntase unha dobre perspectiva de clasificación por tramo de salario en función do salario que o traballador percibise no ano t ou no ano (t-1). Esta información pola súa parte clasifícase por nacionalidade e xénero.
    • Mobilidade por tramos de salario e idade. Proporciona unha visión xeral do Mercado de Traballo no bienio de referencia, presentando, para os movementos de Altas e Baixas no Mercado de Traballo, datos sobre o número de asalariados e o seu salario medio anual (SMA), clasificado por tramos de salario referido ao SMI do exercicio t. Esta información pola súa parte clasifícase por idade do asalariado.
    • Mobilidade por tramos de salario: permanencias. Proporciona información sobre o número de asalariados que, permanecendo no mercado de traballo no bienio de referencia, cambian de tramo de salario ou mantéñense no mesmo durante os dous exercicios do bienio, distinguindo se o tramo de salario do ano (t-1) é superior ou inferior ao tramo de salario do ano t. En todos os casos os tramos de salario da clasificación están referidos ao SMI do exercicio t. Ademais do número de asalariados facilítase a variación do seu salario medio anual no bienio de referencia.
  • Taxas de variación de asalariados e salarios por tramos de salario : presenta taxas de variación do número de asalariados e do seu salario medio anual entre os dous exercicios do bienio de referencia, o peso dos asalariados que conforman o colectivo das permanencias no Mercado laboral con respecto ao total de asalariados do exercicio t, e a variación do seu salario medio anual ente os exercicios t e (t-1). Clasifícase por tramos de salario referido ao SMI do exercicio t.
  • Pesos/Taxas de Altas e Baixas : presenta taxas dos movementos de Altas e Baixas dos asalariados con respecto á poboación total de asalariados do exercicio (t-1) así como a distribución das devanditas Altas e Baixas. Esta información clasifícase por tramos de salario referido ao SMI do exercicio t.
  • Variación neta de asalariados : Presenta unha táboa de dobre entrada por tramos de salario referido ao SMI do exercicio t e tramos de idade onde se proporciona información sobre o saldo neto de asalariados calculados como Altas - Baixas. Esta información pódese clasificar por xénero e nacionalidade.