Saltar ao contido principal
Metodoloxía

3.1 Vendas

O concepto de vendas que se emprega na estatística conceptualmente é o volume de operacións (partida 108) da declaración anual. Correspóndese co importe total (IVE excluído) das entregas de bens e prestacións de servizos efectuados polo empresario durante o ano natural, incluídas as exentas do imposto. Non se inclúen os ingresos atípicos por operacións financeiras, vendas de bens inmobles ou de investimento.

Dada a multiplicidade de réximes e a falta de resposta que afecta a esa partida da declaración, faise necesario delimitar os elementos que integrarán a definición desta magnitude. Así, establécense tres compoñentes diferenciados: as vendas realizadas que orixinan o dereito a deducir as cotas de IVE soportadas, xa sexan interiores ou exteriores; as vendas exentas sen dereito a dedución e as vendas relativas a operacións acollidas a determinados réximes especiais que foron obxecto dun procedemento de estimación.

  1. Vendas correntes con dereito a dedución (VTDD)

    Agrúpanse en dúas categorías: Vendas de réxime xeral e vendas exentas con dereito a dedución ou vendas exteriores (exportacións e entregas intracomunitarias):

    • Vendas correntes suxeitas en réxime xeral (VCRG)

      Esta información recóllese, na declaración, nas partidas bases repercutidas, porén, nestes recadros tamén están recollidas outras operacións que non constitúen operacións correntes do declarante senón que son entregas ocasionais e que estarían encadradas na actividade extraordinaria. A información da contía das entregas de bens inmobles e operacións financeiras ocasionais cónténse na partida 106, e as entregas de bens de investimento na partida 107. Ambos os dous tipos de entregas constitúen bases de cotas repercutidas non ligadas á actividade meramente comercial ou produtiva. A minoración das bases de IVE repercutido na contía das partidas 106 e 107 ten o límite do propio importe global de bases do IVE repercutido (EBIFIS).

      VCRG = par700+par1+par702+par3+par5+par704+par500+par706+par502+par504+par708+par643+par710+par645+par657-EBIFIS
    • Vendas Exteriores (VEDE)

      Son vendas suxeitas, exentas e con dereito á dedución das cotas soportadas nas compras. Descómpónse en:

      1. Entregas intracomunitarias: Consígnanse na partida 103 da declaración.
      2. Exportacións: Consígnanse na partida 104 xunto a outras operacións exentas deducibles.

      Así pois VEDE = par103+par104

  2. Vendas exentas sen dereito a dedución (VESD)

    Son as operacións exentas que se consignan na partida 105 relativo ás exencións nas operacións interiores e que inclúe, entre outras, as prestacións sanitarias, as educativas, as que realizan aos seus socios as institucións sen fins de lucro, as operacións de seguro e as operacións financeiras.

    Teñen especial importancia nos sectores de Seguros, Bancos e Caixas, Servizos financeiros, Sanidade e Investigación e Ensino.

  3. Vendas estimadas por réximes especiais

    Os réximes especiais do imposto que eximen da obriga de declarar e liquidar o IVE son os seguintes:

    • Réxime especial da agricultura, gandaría e pesca (CCTAG).
    • Réxime especial da Recarga de equivalencia (VREQT).
    • Réxime Simplificado (VSIMP).
    • Investimento do suxeito pasivo en operacións interiores (ISPOI).

    Nos dous primeiros, se articula un procedemento indirecto de ingreso do imposto a través de terceiros, de xeito que a información dispoñible destas actividades óbténse das declaracións dos clientes dos agricultores e gandeiros acollidos ao réxime especial no primeiro caso, e por medio das declaracións dos provedores dos comerciantes retallistas acollidos ao réxime especial no segundo.

    No Anexo 1 recóllense as particularidades que hai que ter en conta en cada un dos réximes mencionados para establecer unha correcta medida das vendas ligadas a cada tipo de actividade.

    Polo tanto, V= VTDD+VESD+VSIMP+VREQT+CCTAG+ISPOI.

    Nota do contido Táboa Tipo III:

    Na Táboa Tipo III inclúense as variables esenciais descritas en epígrafe de "Vendas" e, entre elas, o concepto de "Vendas correntes con dereito a dedución" que é un dos compoñentes da Base Teórica.

VENDAS V
Vendas realizadas polo suxeito pasivo con dereito a dedución VTDD
Vendas correntes en réxime xeral VCRG
Vendas exteriores VEDE
Vendas en réxime simplificado VSIMP
Vendas comercio polo miúdo en recarga de equivalencia VREQT
Vendas en réxime especial agrario CCTAG
Vendas interiores non suxeitas por investimento do suxeito pasivo ISPOI