Saltar ao contido principal
Metodoloxía

1.4 Sector económico

A actividade principal de cada empresa óbténse da declaración anual de IVE, da información de epígrafes do imposto de actividades económicas anual e da actividade principal asignada no Censo de Grandes Empresas. En función desta información, a partir do exercicio 2009, a estatística Resultados económicos e tributarios no Iva presenta unha nova clasificación sectorial harmonizada coa nova Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE 2009):

  • 01 Agricultura, gandaría, silvicultura e pesca
  • 02 Industria extractiva, enerxía e auga
  • 03 Industria
  • 04 Construción e actividades inmobiliarias
  • 05 Comercio, reparacións e transporte
  • 06 Información e comunicacións
  • 07 Entidades financeiras e aseguradoras
  • 08 Servizos ás empresas
  • 09 Servizos sociais
  • 10 Outros servizos persoais e de lecer
  • 11 Sen clasificar

Nalgunhas táboas da estatística esta clasificación por sector económico preséntase coa seguinte agrupación:

  • Agricultura, gandaría, silvicultura e pesca
  • Industria: formado polos sectores 02 e 03
  • Construción e actividades inmobiliarias
  • Comercio e comunicacións: formado polos sectores 05 e 06
  • Actividades financeiras e servizos ás empresas: formado polos sectores 07 e 08
  • Servizos sociais
  • Outros servizos e sen clasificar: formado polos sectores 10 e 11

Para o exercicio 2024 engádese unha clasificación sectorial máis ampla desagregando a clasificación a 11 en 32 sectores (NACE32). Ver Anexo I. Clasificación sectorial.