Semana de Administración Aberta 2024
A Semana da Administración Aberta é unha iniciativa promovida a nivel internacional pola Alianza para o Goberno Aberto (OGP), que se celebra anualmente en todos os países membros, co fin de achegar as súas administracións á cidadanía e promover a transparencia, a rendición de contas e a participación cidadá.
España participou na organización e celebración de seis edicións, en que revalidou o seu liderado entre os Estados membros da Alianza na organización de actividades para promover a cultura do Goberno Aberto.