Delegación Central de Grandes Contribuíntes
Titular: Carlos Javier Cervantes Sánchez-Rodrigo
Currículo profesional
Ata o seu nomeamento como delegado Central de Grandes Contribuíntes por Resolución do 1 de febreiro de 2024 da Presidencia da Axencia Estatal de Administración Tributaria, desempeñou as seguintes funcións:
-
Inspector actuario en Barcelona desde o ano 1984 ata o 1988.
-
Dependencia de Recadación de Madrid desde o ano 1988 ata o ano 2000.
-
Subdirector xeral de Tributos na Dirección Xeral de Tributos, coa tarefa de preparar unha nova Lei Xeral Tributaria (Lei 58/2003) e os seus diversos Regulamentos de desenvolvemento (2000-2004).
-
Director do Departamento de Inspección Financeira e Tributaria da AEAT, desde o 2004 ata o ano 2010.
-
Xefe de Equipo Nacional de Inspección na Delegación Central de Grandes Contribuíntes desde o ano 2010 ata xullo do 2018.
-
Xefe da Dependencia de Control Tributario e Aduaneiro da Delegación Central de Grandes Contribuíntes desde xullo de 2018 ata febreiro de 2024.
Funcións da Delegación Central
-
A Delegación Central de Grandes Contribuíntes exercerá, dentro do seu ámbito de actuación, as competencias e funcións propias da Axencia Tributaria para a aplicación do sistema tributario estatal e o aduaneiro e para o exercicio da potestade sancionadora, non sendo que se atribúan expresamente a outros órganos da Axencia, a xestión recadadora dos demais recursos de natureza pública que corresponda á Axencia conforme á normativa vixente, así como calquera outra competencia e función que lle atribúa a normativa legal, regulamentaria e demais disposicións que sexan de aplicación.
-
Como excepción, as funcións de xestión aduaneira, xestión e intervención de Impostos Especiais e xestión dos demais tributos sobre os que exerce a súa competencia o Departamento de Aduanas e Impostos Especiais, con respecto aos obrigados tributarios adscritos á Delegación Central de Grandes Contribuíntes, realizaranse polos órganos territoriais da Axencia Tributaria.
Dependencias:
-
Dependencia de Control Tributario e Aduaneiro
María Coronado Sierra
-
Dependencia de Asistencia e Servizos Tributarios
Luis Sierra López-Belmonte
-
Dependencia de Xestión de Medios e Recursos
Ángel Juan González Álvarez