Cambios de residencia, operacións realizadas con ou por persoas ou entidades residentes en paraísos fiscais e cantidades suxeitas a retención. Regras especiais
Informámosche das consecuencias do BREXIT nos cambios de residencia
O artigo 19 da LIS no seu apartado 1 regula as consecuencias dos cambios de residencia de entidades residentes en territorio español, tanto se o traslado se realiza a outro Estado membro da Unión Europea ou do Espazo Económico europeo coma se se realiza a un terceiro país.
A partir do 1 de xaneiro de 2021 o cambio de residencia dunha entidade con transferencia de elementos patrimoniais de España ao Reino Unido xerará unha débeda tributaria no Imposto sobre Sociedades das entidades españolas trasladadas, que non poderá ser obxecto de fraccionamento en ningún caso.