Dedución por actividades de investigación e desenvolvemento e innovación tecnolóxica
Informámosche das consecuencias do BREXIT na dedución por actividades de investigación e desenvolvemento e innovación tecnolóxica
O artigo 35 da LIS establece unha dedución na cota íntegra pola realización de actividades de investigación e desenvolvemento e innovación tecnolóxica para cuxo cálculo debe terse en conta o importe dos gastos de investigación e desenvolvemento e, se é o caso, dos investimentos en elementos de inmobilizado material e intanxible excluído os edificios e terreos. A letra b do apartado 1 sinala que os gastos de investigación e desenvolvemento que se integran na base da dedución deben corresponder a actividades efectuadas ou cantidades pagas para a realización das devanditas actividades en España ou en calquera Estado membro da UE ou do Espazo Económico Europeo. Recollendose igual redacción no apartado 2.b) para os gastos de innovación tecnolóxica.
Polo tanto, a partir do 1 de xaneiro de 2021 os gastos asumidos polas diferentes entidades españolas contribuíntes polo Imposto sobre Sociedades como consecuencia de actividades de investigación e desenvolvemento e innovación tecnolóxica no Reino Unido, non computarán para o cálculo da base de dedución pola realización deste tipo de actividades.