Rexistro Territorial dos Impostos Especiais de Fabricación
Se realizas actividades con produtos obxecto dos Impostos Especiais de Fabricación, infórmate de como inscribirte no seu Rexistro Territorial
O rexistro afecta os Impostos Especiais de Fabricación.
Teñen a consideración de Impostos Especiais de Fabricación:
Os Impostos Especiais sobre o Alcohol e Bebidas Alcohólicas:
Imposto sobre a Cervexa
Imposto sobre o Viño e Bebidas Fermentadas
Imposto sobre Produtos Intermedios
Imposto sobre Alcohol e Bebidas Derivadas.
Imposto sobre Hidrocarburos
Imposto sobre os Labores do tabaco
Están obrigados a inscrición:
- Os titulares de fábricas, depósitos fiscais e almacéns fiscais.
- Os destinatarios rexistrados respecto dos depósitos de recepción dos que sexan titulares
- Os expedidores rexistrados (en caso de importacións).
- Os representantes fiscais no sistema de vendas a distancia
- As empresas que realicen vendas a distancia de produtos obxecto dos Impostos Especiais de Fabricación.
- Os minoristas, usuarios e consumidores finais que sexan destinatarios de produtos con exención ou con tipo reducido.
- As fábricas de vinagre.
A inscrición realizarase, como regra xeral, no Rexistro Territorial da Oficina Xestora do ámbito territorial no cal se encontre instalado o correspondente establecemento
No caso dos expedidores rexistrados e, representantes fiscais, a inscrición realizarase no Rexistro Territorial da Oficina Xestora correspondente ao seu domicilio fiscal.
Recorda que se tes dous ou máis actividades ou establecementos debes solicitar a inscrición por cada un deles.
Para poder inscribirte como titular dun establecemento no Rexistro Territorial de Impostos Especiais debes cumprir os requisitos esixidos polo Regulamento dos Impostos Especiais para cada tipo de establecemento/ actividade, entre eles:
Con carácter previo á inscrición, debes, figurar de alta no Censo de Empresarios, Profesionais e Retedores da Axencia Tributaria na epígrafe correspondente á actividade que desexas desenvolver.
Debes estar ao corrente das túas obrigas tributarias.
Debes acreditar o dereito a dispoñer das instalacións nas que vaias desenvolver a actividade.
Debes prestar a garantía esixida no Regulamento dos Impostos Especiais.
Debes dispoñer das autorizacións que, no seu caso deban conceder outros órganos administrativos para o exercicio da actividade.
En particular, se queres operar con produtos incluídos no ámbito obxectivo do Imposto sobre Hidrocarburos, deberás dispoñer das autorizacións esixidas na normativa reguladora do Sector de Hidrocarburos.
Debes cumprir os requisitos específicos esixidos no Regulamento dos Impostos Especiais, en función do tipo de establecemento e actividade a desenvolver.
Debes presentar unha solicitude de inscrición no Rexistro Territorialde los Impuestos Especiales de Fabricación á túa Oficina Xestora, achegando a documentación que acredite que cumpres os requisitos anteriores.
Debes presentar unha solicitude, dirixida á túa Oficina Xestora, acompañada, con carácter xeral, da seguinte documentación:
Nome e apelidos ou razón social, domicilio fiscal e número de identificación fiscal do solicitante, así como, se é o caso do representante, que deberá acompañar a documentación que acredite a súa representación.
Declaración de alta no Censo de Empresarios, Profesionais e Retedores da Axencia Tributaria na epígrafe correspondente á actividade que desexan desenvolver.
Clase de establecemento e lugar en que se encontra situado.
Memoria descritiva da actividade que pretende desenvolver.
Plano a escala do recinto do establecemento.e detalle de almacéns e aparatos de fabricación.
Título que acredite a propiedade ou dereito a dispoñer das instalacións.
Documentación acreditativa das autorizacións que, se é o caso, corresponda outorgar a outros Órganos Administrativos
Documentación acreditativa da prestación garantía que, se é o caso, resulte esixible.
Para inscribirte como fábrica, tes que achegar unha memoria técnica que describa tanto o funcionamento dos elementos e aparatos de fabricación como dos procesos de elaboración dos produtos que pretendes obter.
Recorda, que se se produce calquera modificación dos datos indicados na declaración inicial ou na documentación achegada debes comunicala á túa oficina xestora.
Unha vez efectuada a inscrición, a Oficina Xestora entregarache unha tarxeta que acredita a inscrición no rexistro, constando nesta o código de actividade e do establecemento (CAE) e o período de validez do dereito que orixina a inscrición.
Este código debes indicalo en todos os documentos esixidos, no Regulamento dos Impostos Especiais en relación cos Impostos Especiais de Fabricación.
É un código que consta de 13 carácteres e que permite identificar unha actividade e o establecemento no que se exerce.
Os carácteres sexto e sétimo identifican á oficina xestora na que se efectúa a inscrición territorial.
E os carácteres oitavo e noveno identifican a actividade que se desenvolve.