Información xeral
Coñece que é a devolución do Imposto sobre Hidrocarburos polo gasóleo empregado na agricultura e gandaría
Dereito á devolución
Terás dereito á devolución parcial do Imposto sobre Hidrocarburos, se es agricultor ou gandeiro, polas adquisicións de gasóleo que utilizases como carburante na agricultura, gandaría e silvicultura.
Xeran dereito a devolución os consumos de gasóleo realizados nos :
- Motores de tractores e maquinaria agrícola autorizados ou non para circular por vías e terreos públicos, empregados na agricultura, incluída a horticultura, gandaría e silvicultura
- Motores dos aparellos e artefactos empregados en igual destino
O importe da devolución ascende á cantidade que resulte de aplicar o tipo de 63,71 euros por 1.000 litros sobre unha base constituída polo volume de gasóleo efectivamente empregado na agricultura, incluída a horticultura, gandaría, e silvicultura durante o período indicado, expresado en miles de litros.