Beneficios fiscais: Exencións e reducións
Coñece os supostos en que podes gozar da aplicación dunha exención ou unha redución na base impoñible do imposto
Supostos de redución
Nas condicións previstas regulamentariamente, poderás aplicar unha redución do 85 %sobre a base impoñible do imposto cando destines a electricidade a algún dos seguintes usos:
- Redución química e procesos electrolíticos.
- Procesos mineralógicos.
- Procesos metalúrxicos.
- Actividades industriais cuxo custo de electricidade represente máis do 50 por cento do custo dun produto.
- Regas agrícolas (neste suposto, a cota que hai que ingresar non poderá ser inferior ao importe que resulta de aplicar á cantidade de electricidade fornecida ou consumida o tipo impositivo de 0,5 euros por megawatt-hora).
- Actividades industriais cuxas compras ou consumo de electricidade representen polo menos o 5 por cento do valor da produción (neste suposto, a cota que hai que ingresar non poderá ser inferior ao importe que resulta de aplicar á cantidade de electricidade fornecida ou consumida o tipo impositivo de 0,5 euros por megawatt-hora).
Para beneficiarche destas reducións do 85 %debes estar inscrito no Rexistro territorial do imposto.
Obterás máis información con respecto á inscrición no apartado correspondente ao Rexistro Territorial do Imposto Especial sobre a Electricidade.
Nas condicións previstas regulamentariamente, poderás aplicar unha redución do 100 %sobre a base impoñible do imposto correspondente á electricidade:
- Fornecida a embarcacións atracadas en porto que non teñan a condición de privadas de recreo.
- Fornecida ou consumida no transporte por ferrocarril.
Para beneficiarche destas reducións do 100 %non é esixible a inscrición no Rexistro territorial do imposto.