Medidas tributarias para combater a crise enerxética derivada do conflito bélico en Oriente Medio: Imposto Especial sobre a Electricidade
Durante o exercicio 2026 acontecéronse tres reais decretos-lei que estableceron medidas específicas en relación co Imposto Especial sobre a Electricidade, con carácter excepcional e temporal;
- Real Decreto-lei 7/2026, do 20 de marzo, cuxo artigo 40 establece unha redución temporal do tipo impositivo;
- Real Decreto-lei 18/2026, do 29 de xuño, cuxos artigos 12 e 13 contemplan a posible aplicación do tipo reducido durante os meses de agosto e setembro
- o Real Decreto-lei 25/2026, do 29 de setembro, cuxos artigos 20 e 21 prevén novamente a aplicación condicionada do tipo reducido durante os meses de novembro e decembro.
As medidas introducidas polos mesmos resúmense na seguinte táboa:
| RD-lei | PERÍODO | TIPO APLICABLE | OBSERVACIÓNS |
|---|---|---|---|
| 7/2026 | 22 de marzo-31 de maio | 0.5% | Aplicación do tipo reducido |
| 7/2026 | Xuño | 5,11269632% | Non supera 15% IPC abril de 2025 |
| Xullo | 5,11269632% | Tipo ordinario | |
| 18/2026 | Agosto | 5,11269632% | Non supera 15% IPC xuño de 2025 |
| 18/2026 | Setembro | 5,11269632% | Non supera 15% IPC xullo de 2025 |
| Outubro | 5,11269632% | Tipo ordinario | |
| 25/2026 | Novembro | 5,11269632% ou 0,5% | En función do IPC setembro de 2025 * |
| 25/2026 | Decembro | 5,11269632% ou 0,5% | En función do IPC outubro de 2025 * |
*Considerando necesario manter de maneira transitoria determinadas medidas, os artigos 20 e 21 do mencionado Real Decreto-lei 25/2026, establecen que o tipo impositivo do Imposto Especial sobre a Electricidade previsto no apartado 1 do artigo 99 da Lei 38/1992, do 28 de decembro, de Impostos Especiais, poderá reducirse nos meses de novembro e decembro de 2026 do 5,11269632 por cento ao 0,5 por cento, quedando subordinada a devandita redución a que o IPC da electricidade nos meses de setembro e outubro de 2026, supere respectivamente en máis dun 15 %o IPC dos mesmos meses do ano anterior.