Beneficios fiscais
Coñece os beneficios fiscais previstos na normativa do Imposto sobre o plástico
Supostos de non suxeición
Os supostos de non suxeición refírense á fabricación, importación ou adquisición intracomunitaria de produtos obxecto do imposto e teñen en consideración as características do produto ou o seu destino. En concreto, son supostos de non suxeición:
- A fabricación de produtos obxecto do imposto cando se destrúen ou resultan desaxeitados para a súa utilización con anterioridade á devindicación do imposto.
- A fabricación de produtos obxecto do imposto cando se destinan a ser enviados directamente fóra do territorio español polo fabricante ou por un terceiro no seu nome ou pola súa conta.
- A fabricación, importación ou adquisición intracomunitaria de pinturas, tintas, lacas e adhesivos concibidos para incorporarse os produtos que forman parte do ámbito obxectivo.
- A fabricación, importación ou adquisición intracomunitaria de envases non reutilizables que conteñan plástico cando non están deseñados para ser entregados conxuntamente coas mercadorías.