Beneficios fiscais: Exencións e reducións
Coñece os supostos en que podes gozar da aplicación dunha exención ou unha redución na base impoñible do imposto
Reducións
A base impoñible do Imposto Especial sobre a Electricidade pode reducirse nun 85 %ou nun 100 %sobre a cantidade de enerxía eléctrica que se destine a determinados usos, sempre que se cumpran os requisitos e condicións que regulamentariamente se establezan.
Poderá aplicarse a redución do 85 %sobre a cantidade de enerxía eléctrica que se destine aos seguintes usos:
- Redución química e procesos electrolíticos
- Procesos mineralógicos
- Procesos metalúrxicos
- Actividades industriais cuxo custo de electricidade represente máis do 50 por cento do custo dun produto
- Regas agrícolas
- Actividades industriais cuxas compras ou consumo de electricidade representen polo menos o 5 por cento do valor da produción
Pola súa banda, poderá aplicarse a redución do 100 %na base impoñible nos seguintes supostos:
- Na enerxía eléctrica fornecida a embarcacións atracadas en porto que non teñan a condición de embarcacións privadas de recreo.
- Na enerxía eléctrica fornecida ou consumida no transporte por ferrocarril.