Imposto sobre Labores do Tabaco
Coñece o imposto que grava os cigarros e outros produtos do tabaco
Base impoñible e tipos de gravame
O Imposto sobre os Labores do Tabaco esíxese en función de dúas magnitudes, que constitúen a base impoñible sobre a que se aplican os tipos de gravame:
- Prezo de Venda ao Público (en expendedurías de tabaco e timbre situado en Península ou Illas Baleares), para a aplicación dos tipos proporcionais.
- O número de unidades de produto, para a aplicación dos tipos específicos.
Tipos de gravame
No ámbito da Unión Europea, os Estados Membros poden establecer os tipos de gravame do imposto, no marco previsto na normativa comunitaria.
A Lei de Impostos Especiais establece no seu artigo 60 os tipos impositivos aplicables.
Os tipos aplicables establecidos neste artigo varían segundo os produtos do tabaco, podendose aplicar:
-
Un tipo proporcional (unha porcentaxe) sobre o Prezo de Venda ao Público do labor do tabaco.
-
Un tipo específico (un determinado importe), en euros, polo número de unidades ou peso do labor do tabaco.
En moitos dos produtos do tabaco resultan aplicables simultaneamente os tipos proporcionais e específicos. Así mesmo, nalgúns produtos do tabaco establécese un tipo mínimo de gravame.