Marcas fiscais de tabaco
Coñece as marcas fiscais dos cigarros e picadura de liar
O artigo 26 do Regulamento dos Impostos Especiais, segundo a súa redacción vixente a partir do 20 de maio de 2019, regula as marcas fiscais que deben ir adheridas nos paquetes e envases de cigarros e picadura de liar.
Dende o 20 de maio de 2019, as marcas fiscais dos labores do tabaco resultan así mesmo esixibles respecto de:
Envases unitarios de cigarros e picadura de liar vendidas en tendas libres de impostos situadas en portos e aeroportos de Península e Baleares
Cigarros e picadura que se subministren a buques e aeronaves tanto para o consumo dos seus tripulantes, coma na venda a bordo aos pasaxeiros
Poderás solicitar as marcas fiscais que deben ser adheridas aos cigarros e picadura de liar a través do modelo de solicitude dispoñible en Xestións desta páxina.
Principais novidades
As novas marcas fiscais incorporan as medidas de seguridade esixidas pola Directiva UE 2014/40 e a Decisión de Execución (UE) 2018/576
A entrega física das marcas fiscais, logo de autorización dos órganos competentes da Axencia Tributaria, efectuarase sempre, mediante entrega directa, por parte da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre ao establecemento solicitante destas
No caso das vendas en tendas libres de impostos non será necesario a retirada ou destrución da marca fiscal no momento da saída do ámbito territorial interno