Procedemento de vendas en ruta
Coñece como realizar expedicións polo procedemento de vendas en ruta
O Real decreto 1512/2018, do 28 de decembro, modificou entre outros, ao artigo 27 do Regulamento dos Impostos Especiais, que regula o procedemento de vendas en ruta, establecendo un novo sistema de xestión e control das operacións realizadas polo procedemento de vendas en ruta desde fábricas, depósitos fiscais e almacéns fiscais.
As principais características do sistema de xestión das expedicións realizadas polo procedemento de vendas en ruta son as seguintes:
-
Con carácter previo á expedición, o expedidor ten que cubrir electronicamente e enviar á Axencia Tributaria, para a súa validación, un borrador de albará de circulación.
-
A Axencia Tributaria, se os datos son válidos, asignará ao albará un código de referencia (CRE) e comunicarao ao expedidor. A circulación ampararase cun exemplar do albará validado pola Administración
-
No momento da entrega de produtos a cada destinatario emitirase unha Nota de entrega, axustada ao modelo aprobado pola ministra de Facenda, con cargo ao albará de circulación
-
Os modelos de notas de entrega foron aprobados nos Anexos II, III, e IV da Orde HAC 1147/2018
-
A información contida nas notas de entrega deberá ser comunicada polo expedidor á Axencia Tributaria por vía electrónica. A Oficina Xestora de Impostos Especiais poderá autorizar este procedemento para o avituallamento de carburantes a embarcacións e aeronaves con aplicación da exención do Imposto sobre Hidrocarburos establecidos no artigo 51.2.a) e b) da Lei de Impostos Especiais
A Orde 1147/2018, do 9 de outubro, (BOE 31 de outubro de 2018) desenvolve o que se dispón no artigo 27 do Regulamento dos Impostos Especiais, establecendo as instrucións necesarias para a formalización e transmisión á Axencia Tributaria do borrador do albará de circulación, a aprobación dos Modelos de notas de entrega a expedir por cada subministración con cargo ao albará de circulación, e as instrucións para a formalización das notas de entrega e a comunicación á Axencia Tributaria, por vía electrónica, da información contida nas mesmas.