Identificación dos produtos
Coñece como identificar os produtos e as materias primas en SILICIE
Para a contabilización dos movementos e operacións en SILICIE é necesaria unha correcta identificación dos produtos obxecto dos asentos contables.
A efectos contables, os produtos e as materias primas identificaranse polo conxunto dos seguintes campos informativos definidos no apartado II do Anexo da Orde HAC/998/2019:
- 9.1 Epígrafe fiscal.
- 9.2 Código de epígrafe.
- 9.3 Código NC.
- 9.4 Clave.
- 9.7 Descrición.
- 9.8 Referencia.
Unha vez identificado un produto, todos os asentos contables relativos ás operacións, movementos e procesos que afecten a ese produto deben reflectir a mesma identificación do produto en todos e cada un dos campos anteriormente sinalados.
A Axencia Tributaria facilitará, a través da súa sede electrónica, as consultas de existencias de produtos deducidos dos asentos contables fornecidos, identificando cada produto polo conxunto de campos informativos anteriormente indicados.