Nota informativa sobre a formalización do modelo 189
Con ocasión de mellorar a calidade da información fiscal derivada do modelo 189-Declaración Informativa. Valores, seguros e rendas-, a formalización do campo “NÚMERO DE VALORES” (posicións 130 a 146) debe referirse ao total de accións en que posúa unha determinada participación o declarado. A porcentaxe de participación debe informarse no campo PORCENTAXE DE PARTICIPACIÓN (posicións 124 a 128).